PLAN BANDA LARGA INTERNET 2014

 

 

AXUDAS PARA ACCESO A INTERNET DE BANDA LARGA.

Até o día 30 de agosto de 2014 está aberto o prazo de solicitude de axudas para acceso á banda larga de internet.

No enlace seguinte podes informarte mais polo miudo

 
APERTURA NOVO PRAZO ADMISIÓN DE PROXECTOS:

 

Na reunión da Xunta Directiva do dia  13 de marzo de  2014, tomouse o seguinte ACORDO:

 

ANTECEDENTES:

“O artigo 8 do Réxime de axudas que figura como Anexo III das Bases reguladoras, establece no punto 1 que o procedemento de concesión de axudas iníciase coa convocatoria pública de selección de proxectos por parte do GDR.

O punto 2 do artigo 8 establece que a convocatoria estará vixente desde o día seguinte ao da publicación da súa apertura por cada GDR e durante todo o período de execución do programa, coa data límite que determine o GDR en función da dispoñibilidade de fondos, que en ningún caso excederá o 31 de marzo de 2015.”

 

ACORDO:

Proceder á apertura de prazo para novas SOLICITUDES NAS SEGUINTES CONDICIÓNS :

 

PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVAS SOLICITUDES: A partir do día 17 de marzo de 2014 até o 31 de marzo de 2015

 

ORZAMENTO APROBADO: as cantidades dispoñibles no cadro orzamentario achegado por AGADER e que sumán 359.435,17 € para o ano 2014 e 440.564,83 € para o ano 2015.

 

CRITERIOS DE PRIORIDADE: segundo establece o novo réxime de axudas, estos fondos terán a seguinte orde de prioridade:

1.- Expedientes con prorroga de anualidades anteriores

2.- Expedientes con ICE verificado de anualidades anteriores, e mantendo os criterios de prioridade acordados con anterioridade

3.- Expedientes con SOLICITUDE presentada no periodo anterior, e con ICE verificado favorablemente

4.- Expedientes tramitados a partir do dia 17 de marzo 2014, e coa mesma orde de prelación que no periodo anterior

 

Convocatoria 14-15 de axudas GDR16

 

Documentos solicitude:

- Modelo A Solicitude

- Modelo B Outras Axudas

- Modelo C Plan de Empresa

- Modelo D Plan de Xestión

- Modelo E Orzamento

- Modelo F Relación de Ofertas

 

 


 
NOVO RÉXIME AXUDAS

 

 

Resolución do 20 de decembro de 2013, de Agader, pola que se modifican as bases reguladoras e o Réxime de Axuda do programa LEADER 2007/2013, vixente para as anualidades 2014 e 2015"

 

 


 
CONVOCATORIA XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA

 

Data:  xoves 13   de MARZO  2014

Hora: 19:30 h a 1ª convocatoria e, se procedese, ás 20:00 h en 2ª convocatoria

Lugar: local da asociación “ O Vieiro-Leboreiro”


ORDE DE TRABALLOS

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2. Estado de contas.  Decisión ao respeito do aluguer da oficina.

3. Solicitude anticipo a AGADER dos fondos da Medida 431 A.

4. Traspaso de fondos entre medidas.

5. Información anualidade 2014. Apertura plazo axudas 2014. Explicación novo réxime de axudas.

6. Estado de tramitación de expedientes:Imputacións orzamentarias e disponibilidade de fondos para 2014 e 2015.

1.Nova Verificación de ICEs xa aceptados pola Xunta Directiva no pasado ano.

2. Verificación novos  ICEs e Imputacións orzamentarias 2014/2015.

3. Renuncia  e arquivo de expedientes.

4. ICEs non verificados.

7. Varios.

 

 
AVISO FIN PRAZO AXUDAS

 


A convocatoria de Axudas do Programa LEADER GALICIA 2007-2013 para os 14 concellos que

integran o territorio do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) 16 Asociación O Vieiro Leboreiro”

rematou o prazo o 1 de setembro de 2013. Ate novo aviso non se dará rexistro a novas solicitudes

e polo tanto o prazo está pechado.

 

NOVO PLAZO DE SOLICITUDES: Contamos que en breve, AGADER, autorice un novo plazo de

admisión de solicitude de proxectos, e agardamos que este sexa aproximadamente a

partir do mes de marzo 2014. No momento oportuno será anunciado nesta mesma web.

 

NOTA

Á espera da apertura do novo plazo de admisión de solicitudes de axuda, todas aquelas persoas,

empresas, entidades ou colectivos interesadas en plantexar proxectos (sexan de naturaleza produtiva

ou non produtiva) para as anualidades 2014-2015 poden igualmente acudir ás nosas oficinas, onde se

lles informará e asesorará de cara á nova apertura da convocatoria.

 

PLAN FINANCIEIRO APROBADO PARA 2014 E 2015

 

 

 

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 5 de 13

PDR Galicia 2014-2020

 

A Autoridade de Xestión do PDR de Galicia está a traballar na planificación da nova programación de desenvolvemento rural para o periodo 2014-2020.


Achégase un primeiro documento de avance do PDR de Galicia para o período 2014-2020 que cubre os seguintes aspectos:

- Diagnóstico e análise DAFO
do medio rural galego

- Identificación de necesidades

- Estratexia a desenvolver

 

1º documento de avance do PDR de Galicia 2014-2020

Preguntas de reflexión

Reglamento consolidado

PDR Galicia nov 2015



REDE EUSUMO

 

A asociación O Vieiro Leboreiro e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia asinaron un convenio de colaboración para a adhesión á rede EUSUMO para o fomento do cooperativismo e a economía social.

 


www.eusumo.coop

www.cooperativasdegalicia.com

 

Premios Cooperacion 2015:

CARTEL

TRIPTICO

 

Iniciativas Cooperativas 2015

CARTEL

TRIPTICO


PROXECTO COOPERACIÓN

Consumir para conservar


A Asociación O Vieiro Leboreiro participa no proxecto de cooperación interterritorial de carácter nacional que ven de ser aprobado polo MARM, xunto con outros sete grupos de desenvolvemento rural do resto de España. O obxectivo é o fomento do consumo responsable de alimentos cuia producción potencie e fomente a diversidade biolóxica de áreas naturais protexidas e de rede natura 2000.

Convenio de colaboración

Resumo proxecto

 

CALENDARIO EVENTOS

Novembro
L M M X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3