Xunta Directiva da Asoc. O Vieiro Leboreiro este venres día 2 de outubro

 

 

Hora: 19:30 h a 1ª convocatoria e, se procede, ás 20:00 h en 2ª convocatoria

Lugar: local da asociación “ O Vieiro-Leboreiro” en Celanova


ORDE DE TRABALLOS

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2. Estado de contas.

3. Incremento fondos Medida 431 A Gastos de funcionamento. Traspaso de SOBRANTE para Medida 413.

4. Estudo da proposta de AGADER sobre vindeiro mapa de Grupos de Desenvolvemento Rural e normativa correspondente. Prazos de constitución de novos GDRs. Posibles alegacións. (*remitese documentacion por e-correo)

5. Informe do estado de tramitación de expedientes.:

5.1. Verificación de novos ICEs.

5.2. Renuncia de expedientes

5.3. Expedientes tramitados desde a última Xunta Directiva.

 

6. Varios : Gastronomía en Táboa .

 

 
Xunta Directiva da Asoc. O Vieiro Leboreiro este venres día 17 de xullo

 

Hora: 19:30 h a 1ª convocatoria e, se procede, ás 20:00 h en 2ª convocatoria

Lugar: local da asociación “ O Vieiro-Leboreiro” en Celanova


ORDE DE TRABALLOS

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2. Estado de contas.

3. Campaña difusión vindeiro LEADER 2014/2020 polos distintos concellos. Reunións coas entidades sociais para recoller enquisa e cuestionario. Requisito obligatorio no novo PDR “condicións de admisibilidade”.

4. Información reunión con AGADER

5. Presentación ofertas a empresas para elaboración EDL vindeira programación: Límite 15.000 €

6. Informe do estado de tramitación de expedientes.:

6.1. Verificación de novos ICEs.

6.2. Renuncia de expedientes

6.3. Expedientes tramitados desde a última Xunta Directiva.

 

7. Varios : O Bosque Máxico 2016 .

 


 
Programa de telefornación gratuita

 

A Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social organiza un programa de Teleformación, integrado por 4 módulos formativos gratuítos en formato blended – learning (formación mixta: en liña – presencial) relacionados co emprendemento e a consolidación de empresas cooperativas.

Cada un dos catro módulos permitirán aos asistentes percorrer catro escenarios crave no proceso de constitución e maduración dun proxecto empresarial cooperativo:

 

· Módulo 1: Descubrindo a túa Creatividade: xerando ideas de negocio cooperativo (iniciarase o día 22 de xuño).
· Módulo 2: Desenvolvendo o teu proxecto cooperativo (iniciarase o día 25 de xuño).
· Módulo 3: O proceso da innovación na cooperativa. Da teoría á práctica (iniciarase o día 16 de xullo).
· Módulo 4: A internacionalización nas cooperativas: Saíndo aos mercados exteriores (iniciarase o día 9 de xullo).

 

Cada módulo terá unha duración estimada de 20 horas, combinando formación presencial (4 horas) con formación en liña titorizada (16 horas) de forma individualizada.

Este programa formativo vai dirixido a aquelas persoas interesadas en emprender baixo a fórmula cooperativa e a cooperativas existentes que queren consolidar os seus proxectos empresariais.


Documentos:

- Díptico

- Carta

 

 

A Asociación O Vieiro Leboreiro ven de encetar os pasos para a elaboración da Extratexia de Desenvolvemento Local (EDL) para o vindeiro periodo 2014/2020.

O pasado día 15 de maio tivo lugar unha xuntanza na sede da nosa entidade, con  entidades do tecido asociativo para comezar a recoller propostas para a elaboración da nova extratexia de desenvolvemento rural para as comarcas de Terras de Celanova e Biaxa Limia.

A pesares de que a Xunta de Galicia ainda non aclarou aspectos relevantes, como pode ser o ámbito territorial para os Grupos de Desenvolvemento Rural do próximo periodo, dende a Xunta Directiva do GDR16 O Vieiro Leboreiro, acordouse comezar este traballo de recollida de propostas.

Queremos facer extensiva esta chamada á participación a todas as entidades asociativas, tanto culturais, xuvenís, de mulleres….; así como Comunidades de Montes Veciñais en Man Común,  Concellos e Mancomunidades.

Temos elaborada unha breve e escueta enquisa, a través da cal pretendemos ir coñecendo os criterios fundamentais nos que debe basearse a extratexía do vindeiro LEADER 2014-2020.

Agradecemos a todas as entidades que desexen colaborar, que nos remitan esta enquisa cuberta ao noso enderzo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Este é o mellor xeito de adaptar os fondos de que se vai dispor a partir do ano 2016 para o LEADER nas nosas comarcas.

 

 

Enquisa

Presentación Reunión 15 Maio

 
Xunta Directiva da Asociación O Vieiro Leboreiro

 

O pasado 24 de abril, vernes, tivo lugar reunión da Xunta Directiva da Asociación O Vieiro Leboreiro, coa seguinte

 

ORDE DE TRABALLOS

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2. Estado de contas.

3. Acordo traspaso de fondos da anualidade 2015 desde a Medida 413 para a Medida 411 de 13.882,51 €

4. Informe do estado de tramitación de expedientes.:

4.1. Verificación de novos ICEs

4.2. Renuncia de expedientes

4.3. Expedientes tramitados desde a última Xunta Directiva.

5. Proposta de expte. Promoción Territorial.

 

6. Varios .

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 2 de 13

PDR Galicia 2014-2020

 

A Autoridade de Xestión do PDR de Galicia está a traballar na planificación da nova programación de desenvolvemento rural para o periodo 2014-2020.


Achégase un primeiro documento de avance do PDR de Galicia para o período 2014-2020 que cubre os seguintes aspectos:

- Diagnóstico e análise DAFO
do medio rural galego

- Identificación de necesidades

- Estratexia a desenvolver

 

1º documento de avance do PDR de Galicia 2014-2020

Preguntas de reflexión

Reglamento consolidado

PDR Galicia nov 2015



REDE EUSUMO

 

A asociación O Vieiro Leboreiro e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia asinaron un convenio de colaboración para a adhesión á rede EUSUMO para o fomento do cooperativismo e a economía social.

 


www.eusumo.coop

www.cooperativasdegalicia.com

 

Premios Cooperacion 2015:

CARTEL

TRIPTICO

 

Iniciativas Cooperativas 2015

CARTEL

TRIPTICO


PROXECTO COOPERACIÓN

Consumir para conservar


A Asociación O Vieiro Leboreiro participa no proxecto de cooperación interterritorial de carácter nacional que ven de ser aprobado polo MARM, xunto con outros sete grupos de desenvolvemento rural do resto de España. O obxectivo é o fomento do consumo responsable de alimentos cuia producción potencie e fomente a diversidade biolóxica de áreas naturais protexidas e de rede natura 2000.

Convenio de colaboración

Resumo proxecto

 

CALENDARIO EVENTOS

Marzal
L M M X V S D
27 28 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2