A Asociación O Vieiro Leboreiro ven de encetar os pasos para a elaboración da Extratexia de Desenvolvemento Local (EDL) para o vindeiro periodo 2014/2020.

O pasado día 15 de maio tivo lugar unha xuntanza na sede da nosa entidade, con  entidades do tecido asociativo para comezar a recoller propostas para a elaboración da nova extratexia de desenvolvemento rural para as comarcas de Terras de Celanova e Biaxa Limia.

A pesares de que a Xunta de Galicia ainda non aclarou aspectos relevantes, como pode ser o ámbito territorial para os Grupos de Desenvolvemento Rural do próximo periodo, dende a Xunta Directiva do GDR16 O Vieiro Leboreiro, acordouse comezar este traballo de recollida de propostas.

Queremos facer extensiva esta chamada á participación a todas as entidades asociativas, tanto culturais, xuvenís, de mulleres….; así como Comunidades de Montes Veciñais en Man Común,  Concellos e Mancomunidades.

Temos elaborada unha breve e escueta enquisa, a través da cal pretendemos ir coñecendo os criterios fundamentais nos que debe basearse a extratexía do vindeiro LEADER 2014-2020.

Agradecemos a todas as entidades que desexen colaborar, que nos remitan esta enquisa cuberta ao noso enderzo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Este é o mellor xeito de adaptar os fondos de que se vai dispor a partir do ano 2016 para o LEADER nas nosas comarcas.

 

 

Enquisa

Presentación Reunión 15 Maio

 

PDR Galicia 2014-2020

 

A Autoridade de Xestión do PDR de Galicia está a traballar na planificación da nova programación de desenvolvemento rural para o periodo 2014-2020.


Achégase un primeiro documento de avance do PDR de Galicia para o período 2014-2020 que cubre os seguintes aspectos:

- Diagnóstico e análise DAFO
do medio rural galego

- Identificación de necesidades

- Estratexia a desenvolver

 

1º documento de avance do PDR de Galicia 2014-2020

Preguntas de reflexión

Reglamento consolidado

PDR Galicia nov 2015



REDE EUSUMO

 

A asociación O Vieiro Leboreiro e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia asinaron un convenio de colaboración para a adhesión á rede EUSUMO para o fomento do cooperativismo e a economía social.

 


www.eusumo.coop

www.cooperativasdegalicia.com

 

Premios Cooperacion 2015:

CARTEL

TRIPTICO

 

Iniciativas Cooperativas 2015

CARTEL

TRIPTICO


PROXECTO COOPERACIÓN

Consumir para conservar


A Asociación O Vieiro Leboreiro participa no proxecto de cooperación interterritorial de carácter nacional que ven de ser aprobado polo MARM, xunto con outros sete grupos de desenvolvemento rural do resto de España. O obxectivo é o fomento do consumo responsable de alimentos cuia producción potencie e fomente a diversidade biolóxica de áreas naturais protexidas e de rede natura 2000.

Convenio de colaboración

Resumo proxecto

 

CALENDARIO EVENTOS

Marzal
L M M X V S D
27 28 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2